Xa hai uns cantos anos que o noso alumnado de 4º da ESO participa no programa de TICodiarios da Fundación TIC. Este programa consiste en achegar ao alumnado da ESO o uso das novas tecnoloxías e coñecer de primeira man o traballo que se desenvolve na TIC, así como a súa oferta de formación nos ciclos de Realización e Producción que imparte a Escola de Imaxe e Son, único centro na provincia de Lugo que imparte ensinanzas superiores da rama  audiovisual.

 

Os nosos rapaces e rapazas de 4º visitaron as instalación, coñeceron as diferentes funcións e distribución do traballo nun estudo de televisión, produción, edición, realización e posprodución, e realizaron tamén un informativo con noticias reais e actuais, unhas  pequenas entrevistas entre eles e a información meteorolóxica. Unha excelente experiencia que nos permite achegarnos ao mundo do audiovisual  dun xeito divertido e desenfadado. O próximo ano volvemos!!!

 

IMG_20200214_114421_resized_20200214_021530442