Todos ao fogón!
Como é habitual cada ano, tocounos cociñar… e esta vez o noso menú debía
de incluir o millo (gramínea que cultivamos o ano pasado).
O primeiro que fixemos, foi decidir o menú. Para comezar pasta á
carbonara; de segundo prato burritos, elaborados con polo, pemento,
cenoria e millo; e de postre brownie de chocolate... Delicioso!!
O mércores á tarde xa deixamos feito o postre, para o xoves á mañá,
preparar os burritos e … canto traballamos!!
Elaborado todo o noso menú, repartímonos en grupos para servir as
distintas mesas. Parece que o noso menú tivo moito éxito!! Xa estamos
desexando volver a cociñar!!
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar tus hábitos de navegación y preferencias. Para más información y cambiar su configuración visita nuestra Politica de cookies. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso.