Último día e moitas emocións no Urban!!!!
Dende pola mañá xa comezamos con moitas ganas sabendo todo o que nos esperaba o día de hoxe.
Estivemos preparando a gran comellona que nos esperaba na party da tarde. Cociñamos two cake con flour, eggs, sugar, oil and baking powder. Mesturamos todo e saíunos un biscoito boísimo que decoramos con hieroglyphics comestibles feitos con fondant.
Para acudir á nosa festa ben elegantes convertémonos en Gynosphinx. Para iso elaboramos unha magnífica coroa dourada cunha temible snake que se erguía enriba da nosa head.
Xa ataviados cos nosos costumes pola tarde gozamos dunha fermosísima festa na que ademais celebramos o birthday de Galván.
Pasámolo xenial saltando no inchable, comendo chuches, birthday cake e por suposto os nosos super biscoitos xeroglífico…. pero sobre todo gozamos da compaña dos nosos compañeiros, compañeiras e monitoras que percorreron con nós o fermoso camiño da maxia e dos seres mitolóxicos. De feito na carballeira nos esperaba unha sorpresa de Pegasus, o Hippogriff e a Gynosphinx seica nos deixaran unha mensaxe. Foi xenial!!!
Rematamos pois aquí este verán no Urban English Camp agardando que o pasarades xenial con nós e agradecéndovos que confiarades en Galén para o tempo de lecer das vosas fillas e fillos. O ano que ven estaremos de novo aquí para compartir estes momentos.
Moitas grazas.
Non vos esquezades ver aquí a galería de fotos de hoxe!
Tocaba ir a piscina e aló fomoooossss!!! No día de hoxe os “Pegasus, hippogriffs and gynosphinxes”
fomos probar a auga das piscinas do Club Fluvial.
Chegamos e almorzamos sandwich and fruit para cargar pilas antes de dalo todo na swimming pool.
Entre tobogáns e chorros de auga pasamos a mañá.
Logo tocaba recurar forzas para continuar pola tarde así que o picnic de hoxe tocaba facelo alí, no Fluvial.
Pola tarde a diversión continuou con xogos, pulseras e pintándonos para rematar un día cheo de diversión e xogo.
Mañá será outro día.
Nesta galería podedes ver o bo día que pasamos.
Hello!!! Hoxe foi de novo un día cheo de aventura e emoción no Urban English Camp.Pola mañá espertamos os nosos corpos xogando ás “musical chairs”, cantando “songs in english” e bailando como auténticos “mythological Pegasus and Sphinxes”. Despois de rir un rato e pasalo xenial, e xa moi moi metidos no mundo de Exipto, dispuxémonos a elaborar “papyrus” empapando gasas médicas en cola, auga e café!! si, si….café para darlle a cor marronciña característica. Todo un descubrimento.
Tamén estivemos a rematar os nosos Pegasus coas súas “wings, a mane and a tale”que como podedes ver nas imaxes do enlace quedaron superchulos…non si?
E o momento máis emocionante do día chegou cando descubrimos que de novo, os Indians, deixaran un “secret message” NOS ESPELLOS DO BAÑOOOOO!!! xunto coa nosa foto de onte cando atopamos o “treasure”. Menuda sorpresaaaaa. Así que imos a seguir buscando a pista: “find hippogriff, gynosphinx and Pegasus and they will help you!.”
Pola tarde estivemos a gozar da sombriña da carballeira cos nosos Pegasus aos que lles pareceu un bo sitio onde quedar….Mais non podía ser de calquer forma…non: fixémoslles un círculo máxico onde quedar protexidos ata mañá. Despois estivemos tamén xogando alí a “Simon says” e xogos de pistas. E para rematar o día….un pouco de película: Spirit!!
De novo foi un día xenial! See you tomorrow!!!
Hoxe martes foi un día moi moi intenso!! veredes…..
Pola mañá estivemos a ver videos an “read some books about mythology beings” para seguirnos a empapar do tema da semana…e gústano moito investigar!. Continuamos coa nosa manualidade empezada onte: o Pegasus pintando o outro lado para podelo rematar mañá.
Volvemos facer “paper planes” e facelos voar canto máis mellor está a ser un xogo do máis divertido. Queremos que voen tanto como os Pegasus ou o Hyppogriff.
Pero o acontecemento máis impactante do día foi que contactaron con nós os “Indians”!!! si, si….como ledes!!! Mandáronnos algunhas “clues” para atopar un “treasure” do mapa dos seus amigos, os “mithological beings”. Foi moi moi emocionante ir atopando as pistas polo bosque: “shells” das “mermaids” da semana pasada, maps do lugar onde temos que ir visitar aos Cyclops, “feathers”do Pegasus e incluso “hyrogliffics” para poder ir a Exipto coa “Gynosphinx”.
Unha mañá do máis intensa como vedes!!! Así que á tarde quixemos refrescarnos cos xogos de auga….non menos intensos claro!!! Hoxe cando chegue a noitiña estaremos cansos e cansas….seguro! mais con moi boas sensacións de ter vivido grandes momentos e emocións!!
Aquí podedes facervos unha idea do acontecido na galería de fotos.
See tou tomorrow!!!
—————————————————————————————————————————————–
Hello!!! we are in our thirth week in the Urban Camp!
Si, si ar onde mo oídes estamos xa na terceira semana e hoxe foi día de reencontros para algúns e para outros a estrea nunha semana que promete traer moitas aventuras e diversión!!
Esta semana está adicada aos seres mitolóxicos do Aire polo que comezamos o día facendo “planes with wings” e iniciarnos así no vocabulario relacionado.
Como é o primeiro día de semana fixemos “introduction games” para irnos coñecendo todos e todas….novas amizades que facer!!!
A través de audiovisuais coñecimos personaxes como “Pegasus” e os seus parents “Poseidon” e “Medusa” fixándonos ben nas súas características e habilidades máxicas. E unha vez ben empapados de información e imaxes….mans á obra!!!pintamos os nosos propios “Pegasus” e estamos a facerlles as “wings”.
Ademais desta parte máis artística fixemos moitos xogos: mimic games, active games na natureza con aros e pelotas …e pasamos un día formidable na compaña das nosas monitoras e dos amiguiños e amiguiñas.
Mañá será un día estupendo tamén. Mentres deixámosvos aqui algunhas imaxes do día.
See you tomorrow!!