Hoxe comezou a Estadía de Outono de 5º EP en Trevia.
O alumnado, no seu primeiro día, vai vivir unha das experiencias máis interesante de todo o programa: A visita á Feira de Castro.
Ao longo do día poderán coñecer a fondo o funcionamento dun mercado gandeiro e cultura asociada á compra-venda do gando da man de veterinarios, gandeiros e tratantes. Logo irán ao mercado de excedentes para comprobar como as persoas do contorno venden aqueles produtos da horta ou de orixe animal que eles mesmos producen. Toda unha experiencia!
E por último, toca comer o polbo na feira.
Como todas as estadías, a de 5º EP posibilita achegarse a unha serie de actividades e contornos que doutro modo sería imposible: a elaboración da sidra, o estudo da paisaxe, os diferentes obradoiros, …
Ase mesmo, estas novas vivencias compartidas co grupo de compañeiros e compañeiras van creando recordos, a todos os niveis, difíciles de esquecer.
Durante este tres días iremos compartindo con vós os momentos máis especiais, esperamos que vos gusten.