A tarde do venres foi moi, pero que moi especial. Marga, a nai de Manoel, veunos explicar o funcionamento do corazón e dos pulmóns dentro do proxecto que estamos a facer sobre o corpo humano.
Axudounos a entender como entra o osíxeno e como se distribúe e impulsa polo noso organismo. Despois de observar, tocar e diseccionar, fixemos un montón de preguntas que Marga, como boa profesora que é, foinos aclarando.
Grazas Marga por axudarnos tanto, por entendernos tan ben e por ilusionarnos e motivarnos nas nosas aprendizaxes.