Os alumnos e alumnas e 2º ESO fixemos traballos grupais de investigación sobre 4 igrexas románicas da Ribeira Sacra.
-Igrexa de Santa María en Ferreira de Pantón
-Igrexa de San Miguel en Eire
-Igrexa de San Paio en Diomondi
-Igrexa de San Estevo en Ribas de Miño
Despois fomos a visitar as igrexas para poder observar os elementos do románico traballados.
Como rematamos preto de Belesar, achegámonos a Pincelo, para que Esther nos dera un bo xantar.
Esther é unha coñecida nosa, pois xa estivemos hai dous anos vendimando nas súas viñas.
De volta ao cole, aproveitando o estado tan baixo das augas do embalse de Belesar, achegámonos a ver o Castro de Candás, que coa construción do embalse quedou mergullado baixo as augas.
Aínda que a temperatura era baixa, o sol acompañounos e gozamos dun bo día, no que aprendimos moito