Os cursos de 2º e 3º ESO fixeron a súa viaxe de estudos á Selva Negra alemana, unha zoa protexida medioambientalmente chea de ríos, lagos, bosques e montañas, foron 8 días de intensa actividade na que combinaron circuitos culturais con natureza e diversión, onde o sol e a neve foron compañeiros de viaxe.
Coñeceron a cidade de Friburgo, capital ecolóxica de Alemaña, visitaron as impresionantes Cataratas do Rhin, a pé e en barco, puideron pasear polo casco histórico de Estrasburgo, navegar polas súas canles e coñecer o funcionamento interno do Europarlamento. Na vila de Titisee fixeron sendeirismo á beira do seu lago e gozaron do complexo acuático Badeparadies. En Gutach coñeceron o museo ao aire libre das granxas Vogstbauernhof. Na vila de Triberg puideron gozar das cascadas máis altas de Alemaña e dos típicos reloxos de cuco. O último día despedírono nas atraccións de Steinwasen Park.
Tiveron ocasión de practicar alemán e inglés, ademais de aprender a respectar o patrimonio histórico, cultural e natural.