Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

2º BAC na Notaría de Vilalba

Hoxe, o alumnado de Economía da Empresa de 2º de BAC acudiu á Notaría de Vilalba onde, divididos en grupos, constituíron unha sociedade Anónima e unha Sociedade Limitada.
Esta actividade ten relación cun tema moi importante, con grandes posibilidades de ter que defendelo nas ABAU, como é o de Sociedades Mercantís.
O notario presentoulles as estatísticas de constitución de sociedades nos derradeiros anos, e guiounos na creación dunha empresa dedicada á moda de pequena dimensión e unha gran empresa dedicada á innovación automobilística.
Foi o alumnado o que tomou todas as decisións, sempre baixo a supervisión e consello do notario, exactamente igual que ocorre na realidade.
Decidiron o tamaño, o capital, a participación dos socios, o obxecto social, o nome, as funcións e composicións do consello de de Administración,….
Redactaron os estatutos, e como non, firmaron a escritura da que cada un terá a súa copia.

WhatsApp Image 2019-10-24 at 17.02.27 (2)