Hoxe foi un día de moitas emocións no Urban!!!!
Emocións intensas preparando a festa de despedida da semana. Comezamos o día facendo fotos no noso amazing photocall e pintando Poseidon´s tridents.
Logo comezamos a preparar a comilona da tarde así que nos convertemos en cociñeiros e cociñeiras para elaborar fruit kebabs e os Olympus of Gods.
Na festa gozamos da comilona de chuches, refrescos, zumes, e as nosas elaboracións pero tamén da compaña dos novos amiguiños que fixemos, da complicidade das monitoras, dos xogos no hinchable e do último día do campamento que sempe é moi moi especial.
A semana que vén moitos nos reencontraremos e viviremos moitas aventuras con novos seres mitolóxicos que descubrir. Aos que marchan de vacacións esperamos volver a velos o verán que ven. Grazas por confiar en nós para o voso tempo de lecer….Un bico!!
See you on monday!!!
Mirade que ben o pasamos hoxe!!!!
Tocaba ir a piscina e aló fomoooossss!!! No día de hoxe as mermaids fomos nós e as piscinas do Club Fluvial o noso océano.
Chegamos e almorzamos sandwich and fruit para cargar pilas antes de dalo todo na swimming pool.
Entre tobogáns e chorros de auga pasamos a mañá. Logo regresamos a Galén para facer un picnic no patio cuberto porque ás criaturas mariñas un pouco de choiva non as para!!!
Rematamos a tarde decorándonos con pulseiras e maquillaxe para as nosas super fotos no photocall.
Nesta galería podedes ver o bo día que pasamos.
Un día xenial de novo!!! Hoxe mércores rematamos o noso super cool crafts.
Seguimos a construír a nosa mermaid con diferentes materiais. Coas caixas de ovos decoradas e ensartadas fixemos unha magnífica tail de serea!!!
Tamén rematamos as nosas pottery vases que deixamos onte a secar. Pintámolas con temperas e deixámolas ao máis puro Greek style.
Ollo que continuamos tamén co photocall de Mermaid e Medusa que tanto nos gustou. Cando rematemos os nosos traballiños sacaremos moitas fotos chulas!!!
Para rematar estivemos vendo un vídeo do God of the Sea Poseidon.
E todo isto entre risas e xogos.
Deixámosvos aquí as fotos para que o vexades cos vosos propios ollos.
Xa estamos no segundo día de campamento no Urban English Camp.
Hoxe comezamos o día de xeito movido facendo xogos e danzas para logo atopar a calma no moldeado con barro. A nosa pottery consistiu en dar forma a un xarro que mañá continuaremos adornando e pintando.
Logo preparamos o photocall de Medusa and The Mermaid. Copiamos silhouettes e pintamos dous cartóns en distintos tons de azuis para o fondo do noso photocall.
Pola tarde fixemos water games, tirándonos polo gran tobogán e facendo water relay races. Foi unha tarde xenial na que os xogos de auga nos viñeron moi ben neste día tan caloroso.
Neste enlace tedes a galería de fotos do día de hoxe.
Agardamos que vos gusten.
See you tomorrow
Hello, welcome to the Galén English Summer Camp!!!!
Este será o novo sitio a través do que poderedes ver o ben que o pasamos cada día. Agardamos moitas visitas.
Como hoxe foi o primeiro día de campamento comezamos o día coñecéndonos na assembly e facendo introduction games. Tamén coñecemos ás personaxes mitolóxicas desta semana: as Mermaids, Poseidon and Medusa.
Fixemos un treasure hunt na carballeira relacionado coas sereas para coñecer algo máis de vocabulario sobre este personaxe. Tamén demos comezo á nosa manualidade super cool da semana: unha mermaid con egg boxes. Comezamos pintando as caixiñas para que vaian secando de cara mañá.
Cantamos cancións, coloreamos debuxos e rematamos o día xogando a dinamic games no noso marabilloso patio. Xogamos en parellas cos hoops, fixemos relay races, levamos os globos sen empregar as nosas mans, pintamos na playground coas chalks,…
Foi un día xenial!!!
Mirade que ben o pasamos no noso primeiro día no Urban English Camp.