Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO 2020

“ Sábete Sancho….todas estas borrascas que nos suceden son señales de que presto ha de serenar el tiempo y han de sucedernos bien las cosas; porque no es posible que el mal ni el bien sean durables, y (…) habiendo durado mucho el mal, el bien está ya cerca”.
“Las aventuras del ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”
Miguel de Cervantes Saavedra.

 

Que fácil é! Ter alguna dúbida, acudir ao “Quijote”, e atopar resposta a ela sexa do tipo que sexa.
De novo un ano máis, no Centro Educativo Galén, puxéronse en marcha unha serie de proxectos partindo da celebración do Día do Libro, proxectos que buscan facer fincapé nun dos piares non do ensino, senón da sociedade. A lectura como fonte de pracer.
Durante esta semana, e tendo como colofón o 23- Abril, todo Galén mobilizouse creando unha serie de actividades das que vos iremos dando conta estes días.
Dende Educación Infantil a Bacharelato, pasando por Educación Primaria e Secundaria, moitos traballos audiovisuais e outros de creación literaria foron desenvolvidos estes días.
Booktuber, creación de contos a partir de títulos de obras literarias, lecturas dixitais conxuntas do alumnado cos seus profes, creación de contos con story cubes, curtametraxes sobre o mundo dos libros, lecturas de contos de nenas e nenos a compañeiras e compañeiros máis cativos, creación de microrelatos, creación de biografías apócrifas, lecturas públicas de fragmentos de obras literarias en linguas estranxeiras………

O que temos claro é que isto non pode ser “flor dun día”.  O gusto, o pracer pola lectura cultivámolo  e o seguirémolo cultivando sempre.
Empezabamos con Cervantes e rematamos tamén con Cervantes:

“El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho”








 

E outros moitos que iremos subindo a youtube.