Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

1º EP na Facultade de Veterinaria

Visita a Facultade de Veterinaria

Ola familias:

A clase de 1º EP estivo aprendendo un montón de cousas sobre os animais.

O pasado xoves, Nuria a mamá de Antía e Xabi, convidounos á Facultade de veterinaria, onde puidemos ampliar os nosos coñecementos e pescudar máis cousas sorprendentes sobre os animais.

Vimos como é o esqueleto de diversos vertebrados, os ósos que o forman, como saber polos ósos a idade do animal, como se forman as unllas, cascos, pezuños… Foi moi interesante.

¡Moitas grazas por esta experiencia Nuria!