As nenas e nenos de 1º EP gozamos esta pasada semana da nosa Estadía de Outono.
Vivimos a natureza do outono intensamente. Atopamos tesouros agochados no bosque, xogamos coas cores do outono, fixemos un obradoiro de cociña, bailamos e cantamos ao carón dunha fogata, fixemos sementeiras de landras e visitamos Avifauna onde descubrimos moitas curiosidades a cerca das aves!!
Foron tres días fantásticos de contacto máximo coa natureza!!
Canto aprendemos!!!