O alumnado de 1º BAC gozou un ano máis da Rota da Devesa de Rogueira no Caurel. Un percorrido espectacular por unha das xoias ecolóxicas de Galicia. Unhas fabulosas vistas da Serra do Caurel, e os súas vilas, un bosque frondoso cheo de fontes de regatos e cunhas paisaxes con moito encanto que xa Uxío Novoneira nos cantou na súa poesía.
O día rematou bailando e cantando todos e todas xuntos no pobo de Seoane ó son das instrumentos. As gaitas, pandeiretas, acordeóns e bombo, fixeron deste momento un final de festa perfecto.
A mañá seguinte visitamos o pobo do Cebreiro, cheo de vida e xente polos peregrinos do camiño.