O Departamento de Educación Física de Galén, consciente da importancia do desenvolvemento deportivo xeral, organizou unha xornada de esgrima, en colaboración co Club Esgrima Lugo. Trátase dunha disciplina deportiva das denominadas minoritarias pero complementaria a calqueira outro deporte.
Dous dos seus deportistas e un pai do cole foron os encargados de dirixir esta xornada, achegando ó nosos alumnado a este apaixonante deporte que combina dinamismo, emoción e o pracer de aprender unha técnica con séculos de historia.
Poideron vestirse de auténticos tiradores con peto, máscara e espada. Mesmo os adestradores trouxeron os cables e luces para poder realizar “poules” entre eles, con indicadores de toucado, o que facía máis atractivos os asaltos.
Os propios alumnos foron tiradores e árbitros, coñecendo o vocabulario básico para poder empezar a xogar.
Deste xeito puideron practicar un deporte educativo que forma no respecto ao contrario e ás normas do asalto, a concentración e o autocontrol da impulsividade. Á marxe das esixencias propias dunha modalidade individual e tan técnica como a esgrima aprenderon un deporte mentres se divertiron.
Agora só queda coñecer as súas inquietudes e poñerse… “EN GARDA”.