Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Young Business Talents. 4º ESO

Os alumnos de 4º de E.S.O de Iniciativas Emprendedoras están participando no concurso “Young Business Talents“, no cal, a través dun simulador se dirixe unha empresa no mundo real.
Nesta primeira parte competiron a nivel Galicia con outras 168 empresas e pasaron con éxito á fase de oitavos de final, ocupando o primeiro posto do seu grupo e o duodécimo dos 169
O xogo consiste en partindo duns recursos de 35.900.000 euros, operar con eles para obter os máximos beneficios, e o seu resultado foi de 170.804.378 euros!!!!!
Agora en xaneiro, tras unha merecida pausa, están a comezar a fase de cuartos de final.
Boa sorte pequenos!!! Seguide así!!!