Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

XVIII Xornadas da Cultura

Rematamos unha semana moi teatral, intensa e emotiva para rapazada e familias xa que os nenos e nenas de 1º a 4º de Primaria levamos a escena diferentes representacións teatrais nas linguas que traballamos nas aulas: Galego, castelán, inglés e francés. Contámosvos como foi o proceso de creación e posta en escena.

As nenas e nenos de 1º EP preparamos un magazine televisivo “Boas tardes Galén” coas imprescindibles seccións de cociña, bricolaxe e xardinería. Por suposto coas novas de última hora e a previsión do tempo. E sabedes de onde xurdíu a idea??? Pois nos obradoiros dos martes acordamos entre todos e todas que queriamos facer un programa de televisión e decidimos que formato queriamos que tivera así como as personaxes que irían aparecendo. Repartimos roles, escribimos os textos, buscamos atrezzo…..e ademais de grabalo como profesionais con cámara e micro quixemos representalo no cole para as familias e compis. Foi moi divertido e emocionante!

En inglés quixemos compartir co público o conto da eiruga larpeira. Un conto sobre The very Hungry Carterpillar a través do cal traballamos vocabulario e expresións básicas relacionadas coa comida e os diferentes estadíos de evolución deste famento insecto.

Dende moi pequenas xogamos a facer rimas, aprendemos a ler e a interpretar a súa linguaxe, a memorizar refráns, trabalinguas, cancións…. e as nenas e nenos de 2º EP quixemos dar un paso máis…..Compoñer as nosa propias poesías, expresar o que sentimos, o que queremos, o que vemos e vivimos dun xeito poético.

E puxémonos mans á obra. Primeiro buscamos e rebuscamos, igual que investigadoras, palabriñas no diccionario que nos soasen ben e as anotamos para non esquecelas. Logo de xogar moito con elas empezamos a pensar cal sería o tema da nosa poesía. Todas as ideas compartímolas en grupo, foi fantástico! E pouquiño a pouco, día a día, foron nacendo e transformándose ata que por fin os nosos versos tomaron forma.Traballamos arreo e gozamos moito facéndoo. Finalmente o mércores, coas nosas voces miúdas e no escenario, compartímolas coas familias e compañeiras. “Saquiños de poesía” chamámoslles porque veñen cargadiños de desexos e emocións.

Tamén en inglés dramatizamos unha versión propia a partires dun conto tradicional ben coñecido….agora titulado “The three little wolves and the big bad pig” a través do cal traballamos aspectos culturais da lingua inglesa.

E non quixemos deixar de rendir a nosa pequena homenaxe a María Victoria Moreno, pioneira da literatura infantil en galego e a quen se lle adican este ano ás Letras Galegas, así que os nenos e nenas de 1º e 2º de EP fixeron a lectura do seu libro “A festa no faiado”, non deixedes de escoitalo, o fan moi ben!

O xoves foi o turno dos grupos de 3º e 4º EP que nos deleitaron cunha tarde teatral á altura das grandes compañías de teatro.

Con 3º Ep pasamos un chisco de medo e todo, pois levaron a escena unha adaptación do conto tradicional ruso “Babá Yagá”. Sen apenas atrezzo, con un texto rico e unha xenial interpretación, contando coa imaxinación do público, a música suxerente e moita moita emoción as pequenas actrices e actores conseguiron meterse ao público no peto, para ao finalizar, lanzarlles umhas adiviñas en francés que non eran tan doadas como puidera parecer.

A rapazada de 4º EP levou a escena unha versión en Lingua inglesa do conto clásico “Hansel and Gretel”. O proxecto naceu da aula de plástica que é en inglés, coa idea de facer unha casiña con cartón e despois podela utilizar na Nursery ou en algunha obra de teatro. Aqui foi onde se plantexaron…e por que non facer nós unha obra de teatro en inglés??? E pensaron en este conto, unha maneira de poder traballar en dous tipos de cabana: por un lado unha cabana con aspecto vello e destartalado e por outra banda unha fermosa casa feita de chocolate e galletas.

Disfrutaron moito do proceso de construcción da cabana e de adaptación do conto para levalo a escena, e por suposto o resultado final foi estupendo.

O alumnado de 6º de EP tamén nos agasallou cuns vídeo-poemas fermosísimos, todo talento!

Xa vedes canto talento pulula polo noso cole!!! e cantas cousiñas estamos a vivir e facer nestas xa XVIII Xornadas da Cultura. Ademais nas aulas dende Infantil ata bacharelato estivemos a traballar ao redor da figura de Maria Victoria Moreno e a súa obra, fixemos poesía, videopoemas, traballamos a publicidade, os contos e as súas versións,  acodiron a programas de radio, fixeron lecturas compartidas, achegáronse ao comic,  ….. e podedes ver o resultado destes traballos nos corredores do centro e na canle de youtube a través do material audiovisual xerado nestas últimas semanas…..Canta creatividade!

Ademais todo o centro nos quixemos sumar a unha iniciativa que leva anos triunfando nos EEUU baixo o título de BLIND WITH A BOOK. É unha especie de xogo que se estendeu a raíz dunha idea dunha biblioteca pública de Los Ángeles, California, co obxectivo de promocionar libros de boa calidade pero que non eran atractivos a priori. A idea tivo tanto éxito que se estendeu por Australia e Europa, por bibliotecas e librarías.  Consiste en envolver un libro, e etiquetalo, 3,4 palabras que o fagan atractivo, unha cita do seu interior, algo que deixe marxe a imaxinación…  Cada un de nós aportou un libro e puido coller outro sen saber moi ben que se ía atopar, só deixándose levar polas palabras da etiqueta….de aí a cita a cegas.  Despois buscamos un bo lugar onde atoparnos e….a ler!!! a soñar!!! a imaxinar e viaxar!!!

Iniciamos estas Xornadas coa exposición de Camelias e imos rematar cunha grande festa, a Festa dos Maios, unha festa tradicional a través da cal coñecemos e vivimos a nosa cultura propia, da nosa música e das nosas tradicións, dándolle a benvida ao sol, ás flores, ás colleitas….á primavera con bailes, cantos e moita moita arte e natureza. Pero non sen antes disfrutar dunda xornada de lecer tradicional, esa mema mañá disfrutamos dos xogos populares, dinamizados polo alumnado de 4º da ESO. Foi unha xornada intensa e un peche xenial ás nosas Xornadas da Cultura!!

Anterior