Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Xornadas da cultura

As Xornadas da Cultura 2016 teñen, como todos os anos, un eixo común que abarca todos os niveis do centro, de Educación Infantil a Bacharelato.

Estas xornadas xiran ao redor do 23 de Abril co motivo do Día do Libro e rematan ao redor do 17 de Maio coincidindo co Día das Letras Galegas.

Durante este período concentraranse as exposicións e realizacións de proxectos culturais relacionadas coas linguas que se imparten no centro.

 

Este ano vinculamos o noso  proxecto a Miguel de Cervantes e William Shakespeare co motivo dos 400 anos da súa morte, nas distintas  disciplinas literarias, culturais e artísticas.

O proxecto constará de dúas partes:

  • Unha parte de exposición dos distintos traballos realizados nas aulas que todas as familias poderán ver nos corredores do Centro
  • Celebraremos durante o mes de maio a Liga de Debate interna, de ESO a BAC.
  • Unha segunda parte de “Xornadas de teatro e recitais” nas que fundamentalmente os cursos de primaria representarán de cara a comunidade educativa diferentes obras de teatro, recitais de poesía….
  • Ademais haberá unha conferencia de Pablo Núñez: autor de Las hijas del César, obra coa que foi finalista no Premio Planeta, e Ladrones de historia. O tema sobre o que falará será: o proceso de creación literaria.

 

Datas máis salientables:

 

4 de maio – Conferencia de Pablo Núñez ás 15.30, dirixida ao alumnado de 4º ESO e 1º BAC.

12 de maio – Teatro 3º e 4º EP; representarán Recreación de O Rei Lear e The crazy story,  respectivamente.

19 de maio – Teatro 1º e 2º EP; teatro en castelán e galego e o recital Sacos de poesía, respectivamente.

26 de maio – Teatro 5º e 6º EP; teatro en castelán e recital poético en castelán, galego, francés e inglés.

SHAKESPEARE VS CERVANTES2016 PROGRAM