Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

XADREZ NA AULA

Hoxe venres, dentro das actividades programadas en “xadrez na aula” que se realiza no centro educativo Galén, dende 1º E.P. a 4º E.P. , realizáronse unhas partidas simultáneas con dous dos monitores do Clube Xadrez Recatelo, Antonio Nieto e Miguel Ángel.

Os alumnos e alumnas de 3º e  4º de E.P. estiveron por espazo de dúas horas practicando o aprendido dentro das aulas.

Esta actividade está enmarcada dentro da colaboración que mantén o Centro Educativo Galén co  Clube Recatelo para o fomento do xadrez.

Aquí vos deixo o enlace para que poi dades ver as fotos.