Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Visita do Ensino

O mércores pasado, 25-01-17, dende as 14.00 h e ata as 17.00 h as xogadoras do Porta XI Ensino C.B.F:  Alejandra Ríos Alba Prieto, Rocío Varela, Licet Castillo e Aleksandra Begenisic (Sasha) fixeron unha visita ao noso Centro. Compartiron mesa con profesorado e alumnado , falando de educación , deporte e dieta equilibrada . Despois de comer compartiron patio e anécdotas cos rapaces e rapazas que alí estaban. Dende as 15.30 e ata as 16.30 h xogaron con todos os alumnos e alumnas dende 1º E.P.  ata 6ºE.P.,  no pavillón, onde os nosos fixeron traballar duro ás xogadoras do Ensino. Xa para rematar, turno para os de 1º e 2º de ESO, unha vista na aula onde falamos de deporte e estudo, esforzo e concentración, en definitiva, unha gran xornada para aprender destas xogadoras, unha oportunidade de luxo para compartir tempo con xogadoras que participaron en campionatos do mundo, en olimpiadas, que xogan e xogaron coas súas seleccións , que compaxinan o seu traballo como deportistas de elite cos seus estudos. Ademais de deportistas, tamén, son licenciadas por distintas universidades e, por riba de todo, son grandes persoas. Así o demostraron co seu compromiso e sinceridade ao longo de todo o día.

Grazas

 

DSC_0298