Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Visita á Facultade de Veterinaria

As nenas e nenos de 1º de EP estivemos en Veterinaria, no museo de Anatomía. Nuria que é profe alí, e mamá dos nosos compañeiros Antía e Xabi, contounos moitas cousas. Ademais acompañounos un ratiño a mamá de Manoel que traballa na facultade.

Primeiro estivemos nunha sala moi ampla onde había  vitrinas con esqueletes de animais moi grandes como o de vaca ou cabalo e outros máis pequenos coma o dun gato.

Alí fixemos de investigadores, tiñamos que localizar nos esqueletes expostos o óso que Nuria nos daba: tibias, vertebras, fémur, omóplato..
PicMonkey Collage 8
PicMonkey Collage 6

Tamén poidemos tocar as barbas dunha balea, que son láminas de queratina que ten  na boca, non pelo como pensabamos nós, e tamén os dentes cortantes dun tiburón, que afiados!!
PicMonkey Collage 5
PicMonkey Collage 4
PicMonkey Collage 3

Gozamos moito e aprendemos  moitas cousas sobre os animais. Moitas grazas a Nuria por compartir momentos tan importantes para nós.