Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Semana da Ciencia

Galén celebra a Semana da Ciencia ata o  sábado 11 de marzo. Durante estes días, o noso alumnado estanos a achegar os resultados das súas investigacións,  coa fin de compartir e aprender de cada un dos novos proxectos científicos desenvoltos nesta nova edición, desde Educación Infantil ata Bacharelato.

A exposición, de carácter divulgativo, xira en torno ao que nos arrodea. Curiosidade motivada pola ollada de nenos e nenas con necesidade de aprender e comprender, de intuír e descubrir . Momentos compartidos cos iguais nos que a aprendizaxe compartida nos fai máis sabios.

 

 

 

A semana da ciencia é un pequeno congreso de experiencias científicas cos nosos alumnos e alumnas como protagonistas, revelando cada un dos descubrimentos realizados nos diferentes ámbitos de traballo das súas investigacións.

Os diferentes stands coas experiencias desenvoltas polos diferentes grupos, permanecerán activos durante toda a semana. Esperámosvos, o venres 10 de 15.30 a 16.30, ou  durante a Xornada de Portas abertas o sábado día 11 de 10.30  a 14.00.

 

 

 

Guardar