Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Semana da Ciencia 2019

TRES DÍAS DE CIENCIA EN GALÉN

Esta semana a Ciencia desbordaba  Galén. Os corredores, as aulas, a biblioteca:  en todos os espazos se falaba de ciencia  e todos e todas nós, desde os máis noviños aos menos, comprendiamos a cada paso, os fundamentos científicos amosados por expertos e expertas, que con gran profesionalidade e entrega, foron quen de facernos comprender.

O coñecemento bulía. En cada experiencia aprendiamos algo novo, desde os segredos do bosque e as texturas da natureza aos ecosistemas e o solo. Aprendemos de tecnoloxía, de química, de ecoloxía, de física, de nutrición,… Foi unha viaxe ao coñecemento científico cos actores e actrices protagonistas dos seus propios descubrimentos: os rapaces e rapazas.

Puidera parecer que en Galén só houbese tres días de ciencia, pero aqueles que puidestes compartir estes tres días con nós, observastes que o que alí aconteceu foi froito do traballo de investigación de semanas, coa participación activa dos vosos fillos e fillas, aplicando o método científico á aprendizaxe rigorosa das ciencias desde ámbitos moi diversos e coa paixóns que procuran os novos descubrimentos.

Son moitas as palabras que se entrelazan para poder contar o que alí pasou nestes tres días de ciencia: traballo en equipo, escoita activa, compromiso, aprendizaxe, investigación, divulgación, amizade, risas, diversión e xenerosidade.