Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Semana da Ciencia 2018

Entre o  24 e o 27 de xaneiro, en Galén celebramos “Tres días de ciencia” . Foron xornadas para descubrir e compartir experiencias de investigación realizadas polo noso alumnado desde Educación Infantil ata Primeiro de Bacharelato.

A exposición  contou con poñentes de primeiro nivel, os noso alumnado,  que desde as súas aprendizaxes foron amosando, a todos os grupos do centro, o proceso e os resultados das investigacións realizadas.

Puidemos aprender sobre diferentes temas. O alumnado de  Educación Infantil explicounos a estrutura dun volcán e incluso fomos quen de observar a súa erupción. Con 1ª EP descubrimos e identificamos sons. 2º EP amosounos cal era o proceso para a elaboración do pan. 3º EP explicounos como acontece o crecemento humano desde os 0 aos 18 anos, incluso explicáronnos ata onde seriamos capaces de medrar cunha novedosa calculadora do crecemento humano. 4º EP investigou sobre o funcionamento dunha man facendo a disección dunha pata de pólo e a construción dunha man robótica. 5ª EP fixo o estudo do ollo e do tímpano. Con 6º EP aprendemos a facer iogurt e descubrimos as bacterias implicadas no proceso de fermentación. 1º ESO Soubo calcular a cantidade de auga que conteñen as persoas en función da idade e do sexo. Con 2º ESO fomos capaces de entender como foron evolucionando os modelos atómicos ao longo da historia. 3º ESO foron capaces de facer neve artificial con poliacrilato de sodio. 4º ESO amosounos a Historia da Terra e da vida. E para finalizar  1º BAC foron capaces de descubrirnos como funcionan as reaccións rédox.

O resultado foi unha viaxe incrible a través do coñecemento científico que compartimos con todos vós na tarde que dedicamos ás familias e que estamos desexando volver a repetir para o seguinte curso.

Mentres tanto deixámosvos algunha das imaxes dos mellores momentos científicos!
cc