Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Saída ao espazo

A semana pasada a clase dos Peixes fixemos a nosa particular saída ao espazo. Comezamos o xoves subíndonos á nosa nave espacial e descubrindo Sand Planet en Aldeanova e con un montón de cousas por facer.
Alí nos esperaban e tiñan preparadas un montón de actividades así que…. despois de recuperar forzas cun bo almorzo visitamos o Apiario e as abellas cun traxe especial!! Que vos parece??
Despois estaba esperándonos unha científica para facer ciencia e uns experimentos chulísimos…. ate fixemos voar unha botella.
Con tanto esforzo e diversión entrounos a fame así que era hora de repoñer forzas e ir comer!!
Pero aínda nos quedaban moitas sorpresas…. Así que fomos a facer pan e mentres se cocía visitamos o PLANETARIO.
Foi toda unha experiencia e puidemos recoñecer moitas constelacións e ver os planetas do sistema solar máis preto!! Era unha sensación fantástica.
E claro, logo de tanta actividade volvemos na nosa nave espacial rumbo ao asteroide Galénico, estábase tan ben alí sentado que foi imposible non quedar durmidos e durmidas durante a viaxe.
Cando chegamos ao noso Asteroide merendamos e tomamos un xelado… e de súpeto, apareceu unha parella de extraterrestres doutro planeta que buscaban o seu sombreiro e volver ao Camiño de Santiago. Foi moi, moi divertido! Canto rimos!
Rematamos o día cunha boa ducha e logo a  cea no comedor dos maiores e despois FESTA!!!Bailamos, cantamos e cando xa non podiamos máis co noso corpo decidimos ir durmir!!! E que ben durmimos toda a noite.
Ao día seguinte cheiños de enerxía e cun bo almorzo xogamos a converternos en alieníxenas, cun transmisor, unha capa e unha maquillaxe xenial.
E cando xa estabamos preparados e preparadas apareceu por alí FIONA unha marciana do planeta FI que perdera un cofre cun tesouro na súa alucinaxe. Ensinounos a canción do seu planeta e axudámoslle a atopar o tesouro…. sabedes que era? …. xa vos podedes imaxinar!!
Foron dous días moi intensos cheos de sorpresas e de moitas cousas por descubrir . Que ben o pasamos!!!
Gracias familias pola vosa confianza en nós. Moitos bicos e ata a próxima!!

ciencia
abellas 1
abellas 2
pan
planetario
xogos
nave espacial
merenda e xeado
teatro
cea
festa
durmimos
marcianos
maquillaxe
sorpresa fiona