Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Hoxe o alumnado de 1º da ESO visitou o Museo Provincial de Lugo para realizar a actividade das Rutas Literarias Polo Museo. Previamente, e encadrado dentro da área de Lingua e Literatura, xa traballaron e gozaron da lectura da obra Contos de fantasmas no Museo, libro de relatos de autores de prestixio vencellados ao Museo, e todos eles ambientados nese espazo. Durante a actividade, tiveron que pescudar sucesivas pistas para responder a unha serie de cuestións relacionadas con eses relatos e tamén con lugares concretos do Museo que neles se mencionaban. Sen dúbida, para eles unha experiencia moi gratificante e para nós non menos, véndoos a eles gozar e vendo o seu nivel de implicación e interese na actividade.

20180220_103549