Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Xadrez

En Galén impartimos unha hora semanal de xadrez dentro da aula como un “proxecto innovador” dende 1º de Educación Primaria a 4º de Educación Primaria.

É un espazo lúdico onde o alumnado aprende a pensar, a tomar as súas propias decisións, a ser pacientes, responsables, disciplinados, aceptar os seus logros, pero tamén os seus erros, mellorando as súas destrezas e estratexias.