Educación Secundaria

Nesta etapa educativa en Galén seguimos a fomentar e a consolidar nos nosos alumnos e alumnas o desexo de aprender, tanto de forma individual como grupal. En todo momento será o protagonista da súa aprendizaxe, e centro da nosa atención. Buscamos o seu desarrollo integral atendendo as súas necesidades sociais, físicas, culturais, así como ao seu potencial académico.

Ensinanza en Idiomas

• Amplo horario lectivo que nos permite reforzar as súas competencias en idiomas:
– desdobre dos grupos nas clases en inglés en toda a etapa, con clases de conversación con profesorado nativo,
– continuidade ata 4º  ESO do francés como segunda lingua estranxeira obrigatoria
– alemán en toda a ESO (en 4º da ESO con carácter optativo).
• Desenvolvemento desta competencia co noso programa de Intercambios a diferentes países: Dinamarca, Alemania e Francia.
• Preparación para as probas de Cambridge no English School.
• Oferta no verán en inglés (estancia no estranxeiro con actividades, clases e aloxamento con familias en Broadstairs-Inglaterrra e English Summer Camp).
• Reforzo educativo de lingua inglesa fóra do horario lectivo, impartido polo profesorado da masteria.

Atención Personalizada e Educación en Valores

O Noso labor Titorial: 
– Seguimento individualizado de cada un dos nosos alumnos e alumnas e comunicación coas familias a través de reunións individuais e grupais.
– Apoio e seguimento do Departamento de Orientación.
– Coordinación periódica do equipo docente.
– Hora semanal presencial na que os titores de cada un dos grupos atenden e traballan por mellorar os seus hábitos e ferramentas de estudo e desenvolver as súas habilidades sociais, tanto na resolución de conflitos como no acompañamento na súa adolescencia.
– Programa de Intelixencia Emocional.
– Estreita relación do equipo docente co noso alumnado.
– Clases de Reforzo Educativo fóra do horario lectivo en 3º e 4º  ESO, impartido polo profesorado da materia.

Educación en Valores:

O diálogo como principio básico da convivencia. Crecemento dos noso alumnado nun clima de confianza mutua e de respecto, de sentido da xustiza e da solidaridade.

Contorno Natural

• Crecemento do noso alumnado nun contorno natural.
• Aproveitamento dos recursos do contorno: bosque, charca, horto escolar, invernadoiro, estación meteorolóxica, Aula Medioambiental Trevia.
• Proxecto “Estadías de Outono”. En 1º e 3º da ESO o noso alumnado participa neste programa interdisciplinar con estancia de varios días na que se abordan contidos vencellados ao medio natural potenciando as interaccións sociais e cohexión grupal.
• Importancia do método científico nas áreas experimentais. Desenvolvemento ao longo de todo o ano de diferentes actividades e proxectos. Participación en eventos de carácter científico e tecnolóxico. Celebración anual da “Semana da Ciencia”.
• Ampliación e diversidade dos espazos de aprendizaxe a través das múltiples saídas e actividades: espazos naturais, colaboracións con Institucións, Fundacións, Museos, etc, que desenvolvemos ao longo de todo o ano.

Distinguímonos por:

• Desenvolvemento das súas competencias en novas tecnoloxías: remate do programa de Mecanografía e Informática en 1º da ESO.
• Uso habitual das novas tecnoloxías como ferramenta para a súa aprendizaxe e como coñecemento en sí mesmo coa implantación da área de Informática con carácter obrigatorio en 4º da ESO.
• Preparatoria na oratoria e debate en 3º e 4º da ESO.
• Importancia das ensinanzas artísticas, coa impartición das áreas de Educacion Plástica, Visual e audiovisual e Música en todos os cursos do 1º ciclo da ESO.
• Oferta de actividades extraescolares e Escola de Música e Conservatorio Cantarela.
• Educación en hábitos saudables e no Deporte. Escola de Baloncesto.