Educación Primaria

Nesta etapa educativa en Galén promovemos un alumnado motivado, implicado e feliz para desenvolver ao máximo as súas potencialidades, tanto a nivel intelectual, emocional como social.

Proporcionámoslle as ferramentas e estratexias necesarias para afrontar autonomamente o seu futuro e ensinámoslle a pensar de forma crítica e creativa, sendo o alumno o motor da súa propia aprendizaxe.

Ensino en Idiomas

  • Clases de inglés con profesorado nativo.
  • Maior número de horas, con desdobles de grupos.
  • Plástica e educación física con inglés como lingua vehicular ata 4º de primaria.
  • Francés a partir de 3º de primaria como segunda lingua estranxeira obrigatoria.
  • Ampliación de oferta educativa en inglés todo o ano con English Club e English School e actividades de verán: campamentos en inglés, Urban English Camp e a partir dos 9 anos English Summer Camp.
  • Proxecto de inmersión lingüística na cultura anglosaxona con actividades e talleres diversos como a celebración de Halloween.

Educación Individualizada e Educación en Valores

  • Respectamos ritmos e estilos de aprendizaxe.
  • Estreita relación do equipo docente co noso alumnado.

O Noso Labor Titorial:
Unha hora semanal de tutoría en todos os cursos de primaria: desenvolvemento de habilidades sociais, programa de intelixencia emocional, resolución de conflitos, traballo e técnicas de estudo.

  • Seguimiento individual do alumnado.
  • Información periódica ás familias tanto individual como colectivamente.
  • Coordinación periódica do equipo docente.
  • Apoio, asesoramiento e seguimiento por parte do Departamento de Orientación.
  • Material didáctico propio.
  • Clases de apoio e reforzo educativo.

Educación en Valores:
O diálogo como principio básico da convivencia. Crecemento do o noso alumnado nun clima de confianza mutua, de respecto, de sentido da xustiza e da solidariedad.

Cotorna

  • Crecemento do noso alumnado nunha contorna natural.
  • Aproveitamento dos recursos da contorna: bosque, charca, horto escolar, invernadoiro, estación meteorolóxica e Aula Medioambiental Trevia.
  • Proxecto “Estadías de Outono”. En 1º, 3º e 5º de primaria o noso alumnado participa nun programa interdisciplinar con estancia de varios días nos que abordan contidos relacionados co medio natural potenciando as interaccións sociais e a cohesión grupal.
  • Importancia do método científico nas áreas experimentais. Desenvolvemento ao longo do ano de diferentes actividades e proxectos, participación en eventos de carácter científico e tecnolóxico.
  • Celebración anual da “Semana da Ciencia”.
  • Ampliación e diversidade dos espazos de aprendizaxe a través de múltiples saídas: espazos naturais, colaboracións con Institucións, Fundaciones, Museos, que desenvolvemos ao longo do ano.

Distinguímonos Por:

  • Programa de xadrez desde 1º a 4º de primaria.
  • Programa de natación, en horario lectivo, en 1º e 2º de primaria.
  • Talleres de idiomas, tic, música e de expresión oral e escrita.
  • Celebración das “Xornadas da Cultura”.
  • Proxecto “Do horto á mesa e da mesa ao horto.”
  • Desenvolvemento das súas competencias en novas tecnoloxías: programa de mecanografía informática en 4º, 5º e 6º de primaria, uso habitual das novas tecnoloxías como ferramenta para a súa aprendizaxe e como coñecemento en si mesmo dentro do plan tic do centro.
  • Impartición das asignaturas de educación plástica, visual e audiovisual e música en todos os cursos de primaria potenciando a súa sensibilidade artística.
  • Educación en hábitos saudables e en deporte. Escola de Baloncesto.
  • Oferta en actividades extraescolares, Escola de Música e Conservatorio Cantarela.