Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

PEIXE CEBRA, 4º ESO

Cando o profesor de bioloxía e xeoloxía nos propuxo estudar os temarios de xenética mediante a experimentación con peixes cebra, pareceunos unha excelente idea.

Nos aínda non sabíamos nada de xenética, xa que en cursos anteriores non deramos nada diso, e non tíñamos nin idea da importancia do peixe cebra na investigación xenética. Cando os peixes chegaron, puxémolos nun acuario o máis parecido posible ás condicións orixinais de vida da especie: con canicas no fondo, plantas de plástico e una temperatura e pH adecuados e controlados diariamente.
Os primeiros días a taxa de mortalidade foi moi alta (3 peixes en dous días). Pensamos que isto foi debido ao estrés orixinado polo proceso de adaptación. Desde entón non morreu ningún peixe e tras unha tempada pensamos que xa poderían reproducirse.
Para iso puxemos dúas femias e un macho na parideira, compartimento especial onde os ovos, unha vez postos, se filtran ao fondo para que os proxenitores non os coman. Tras varios intentos non funcionou, co que redobramos esforzos e tapamos o acuario de noite para que os peixes se excitasen coa luz do día, o cal tamén foi en van. Incluso trouxemos outro acuario, pero pese a todos os nosos esforzos nos resultou imposible lograr descendencia.
Aínda que non conseguimos o obxectivo principal, este proxecto gustounos moito, xa que é unha forma diferente de aprender xenética, ademáis de comprender a importancia destes animais á hora de realizar estudos de enfermedades, servindo de axuda para atopar curas.