Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Participación das Familias na aula

Hai  unhas semanas pasou unha tarde con nós a mamá de Alonso. Como somos a clase das  Arañas veu a contarnos moitas cousas sobre estes bichiños, que non son insectos!!. Contamos as patas que tiñan, os ollos; vimos para que utilizaban a tea de araña e tamén os berces que facían para os seus bebés.

Ademais poidemos observar unhas arañas que nos trouxo, algunha xa comezara a tecer unha tea dentro do bote,  que interesante!y

Moitas grazas a Henar por compartir con nós un anaquiño do seu tempo.

Aquí vós deixamos estas fotos

A implicación das familias na vida escolar é fundamental de cara a conseguir unha boa integración das nenas e nenos nas aulas para isto é necesario que todos, nenos e nenas e grandes, consideren o cole un lugar seguro, amable e aberto. Así, as nosas aulas están sempre abertas e con gana de recibir á familias para facer cousiñas con nós. Ás veces, a colaboración pode ser no propio centro e outras veces saímos fóra para coñecer o contorno cercano da man de persoas moi especiais!!!

Para nós é fundamental contar co voso apoio e establecer vínculos  a través de actividades especiais compartidas, a través do contacto diario na porta da aula e do diálogo constante para poder acompañar da mellor maneira posible a aventura que é medrar ao carón dos nenos e nenas. A familia Galén medra acompañádonos e aprendendo unhas das outras.

As nosas aulas están abertas ás familias para facer cousas do máis variado e esperamos todas con ilusión a vosa visita.

Este curso inaugurámolo ben prontiño coa visita do papá de Gadea, aló polo mes de setembro, para facer unha sementeira de plantas aromáticas: azafrán, menta, macela e romeu.

Falamos das diferentes plantiñas, dos usos que se lle poden dar na cociña, as infusións, como ingredientes de xabóns, perfumes etc…..

Preparamos os sementeiros e etiquetámolos cos nomes das plantas para así despois de postas as sementes saber que estaría medrando en cada un dos oquiños. Observamos a diferencia xa nas sementes e….mans á terra!!!! Terra, sementes, auga, moita ilusión  e…..a esperar.

Grazas Jonatan pola visita, pola experiencia e por acompañarnos nunha mañá tan xardineira.

Deixámosvos aqui as fotos.