Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Parabéns Lucía Amarelo Ginzo

Lucía foi a gañadora do Premio de poesía Francisco Añón organizado polo concello de Outes, na categoría de 12 a 14 anos:

AVOA
Estaba bailando,
coa música do teu alento,
cos tambores do teu latexo,
e de repente o silencio.

Astros apagados,
escuridade e tristeza,
tormenta,
despois olvido.

Caes,
non te logro aferrar,
caes,
pero non te podo levantar.

O olvido fai correr o tempo,
desdebuxándote,
unha alma, un esbozo vago,
unha silueta dunha vida.

Caes,
demasiado leve e rápido,
caes,
como pluma, cara a nada.

O que daría,
por poder seguir xuntas,
por seguir bailando,
bailando ao teu son.

Rasgos,
de outra persoa,
outra vida,
busco a luz nos ollos dos demais.

Caes,
pero decídiches non agarrarte,
caes,
pero querías que non te agarrara.

Non quero este silencio,
pero tampouco quero oir,
todo aquelo que te mantiña atada,
prisioneira dunha cárcere vital.

E caes,
pero sorrís,
prometes,
aínda que a escuridade esté agardando.