O vindeiro sábado 11 de marzo abrimos as nosas portas para que coñezades Galén Nursery School, o noso proxecto educativo e ao noso profesorado.

Entre as 10.30 e as 14.00 h. poderedes visitar os obradoiros de creación plástica, coñecer as aplicacións informátícas realizadas con scratch, xogar coas matemáticas na nosa exposición de Matemáticas, visitar a exposición de experimentos realizados no contexto da Semana da Ciencia, na que participa todo o alumnado do Centro, e, ademais, teatro en inglés – Goldilocks- dirixido aos máis pequenos e pequenas.

Todas as actividades están pensadas para que as familias gocedes cos vosos fillos e fillas dunha mañá distinta e, así, poidades coñecernos.

Vide e pasade unha mañá distinta.

 


Cubride este formulario para facilitarnos a organización do día: moitas grazas.

Nome: *

E-mail: *

Teléfono: *

Curso no que está interesado: *

Acepto a política de privacidade e protección de datos

Guardar