Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Obradoiro Cociña

O xoves 22 os alumnos e alumnas de 6° EP cociñamos! Escollimos o menú,
revisamos as receitas e puxémonos mans á obra. Ensalada de tomate e
pataca foi o primeiro prato co que nos fixemos uns e unhas expertas
cortadoras de verduras. De segundo uns paninis bolognesa deliciosos e
para rematar un biscoito dous chocolates. Unha vez todo feito
convertémonos en xefes de sala onde o comedor estaba ao noso mando. Os
nosos compañeiros e compañeiras remataron encantadas co servizo e a
comida. Foi unha experiencia marabillosa. Ata o próximo ano!

IMG_8678