Noticias

/Noticias/

Andorra 2018

23 March, 2018|Noticias|

O pasado sábado 3 de Marzo chegaba o momento que todos estabamos esperando, partiamos a Andorra coa maleta chea de nervios, preguntas, incerteza por todo aquilo que estabamos por vivir, pero tamén con ilusión e ganas de pasar polo que sen dúbida hoxe podemos dicir que é unha das mellores experiencias que vivimos. Logo dunha [...]

Madrid 2018

23 March, 2018|Noticias|

Viaxamos a Madrid para vivir tres días intensos e inesquecibles. Despois de visitar Alcalá de Henares, gozamos coa divertida comedia El test e co apaixonante musical BillyElliot.Observamos obras mestras no Museo do Prado e mostras de arte contemporánea no Reina Sofía. Paseamos polo Madrid dos Austrias, recordamos personaxes e feitos históricos; compartimos aprendizaxes, momentos divertidos, [...]

Xornada de lecer matemático.

23 March, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

Durante os días 22 e 23 deste mes de marzo, estivemos celebrando a “Festa das matemáticas”, sendo este ano a primeira edición de dita actividade. Os alumnos e alumnas de secundaria e 1º de Bacharelato participaron nunha actividade de “Escape Room”, consistente en lograr saír dunha aula na que se atopaban pechados conseguindo a chave [...]

MULLERES IMPORTANTES

22 March, 2018|Noticias|

As nenas e nenos de 1º EP tamén fixemos a nosa aportación ao 8 de marzo. Pensamos que mulleres eran importantes para nós, e sabedes cales foron as que nomeamos, a Carmen, Mónica, María, Pili, Carmen, María, Mónica e Ania, porque comparten con nós o día a día e nos serven de modelo para configurar [...]

Liga de Debate

22 March, 2018|Noticias|

Nas primeiras dúas semanas do mes de marzo tivo lugar, como ben sendo habitual, a Liga de Debate no noso Centro Educativo, chegando este ano xa á súa novena edición. Ao igual que en anteriores anos, os temas adaptáronse á etapa educativa do alumnado. Deste modo, os alumnos e alumnas do primeiro ciclo da E.S.O [...]

20 March, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

A tarde do venres foi moi, pero que moi especial. Marga, a nai de Manoel, veunos explicar o funcionamento do corazón e dos pulmóns dentro do proxecto que estamos a facer sobre o corpo humano. Axudounos a entender como entra o osíxeno e como se distribúe e impulsa polo noso organismo. Despois de observar, tocar [...]