Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

“Música coas nosas mans”

 é un proxecto interdisciplinar deseñado dende as áreas de música e tecnoloxía que trata de potenciar unha aprendizaxe significativa e alimentada polo interese persoal de pensar, investigar, descubrir e comunicar o aprendido dentro dun marco de traballo cooperativo.

 

O proxecto tivo varias fases claramente diferenciadas.

Comezamos cunha fase fundamentalmente teórica na que estudamos os principios e parámetros característicos do son, as ondas,…

Unha vez conectados coa parte conceptual pasamos a unha fase de investigación cooperativa que acadou unha forma inicial mediante un proxecto técnico no que plasmarían cadansúa idea. Empregamos o traballo en grupo (2 persoas) ou individual como pilar pero este sería enriquecido coa rede dixital como entrada de información e a plataforma whatsapp como sistema de intercambio da mesma. Neste whatsapp voaron ritmos, ideas, opinións, propostas,…

A seguinte etapa xa sería a elaboración do plasmado nos documentos técnicos, en definitiva a construción e elaboración dos instrumentos. Pero esta elaboración tería como obxectivo a comunicación e a expresión do xa feito mediante a concreción musical nunha peza onde o ritmo e sonoridade de cada instrumento así como a personalidade inculcada fose indispensable para comprender o resultado final.

Foi preciso afinar, axustar pezas, sons,… atender as necesidades individuais de cada luthier e instrumento para crear un proxecto común.

En todo momento foi concibido como unha actividade de responsabilidade cooperativa onde o todo non é nada sen as partes.