Hi again,

hoxe vos escribimos para contarvos as novidades do noso proxecto “Mascots’ adventures across Europe”. Como ben sabedes, xa temos mascota: Pulpi :). Pero…non soamente somos nós os que a temos, os nosos partners tamén fixeron fotos e nos presentaron as súas mascotas que, por certo, son súper lindas.

Etwinning partners 201920

Ademáis disto, fixemos un vídeo de presentación que subimos á plataforma eTwinning para que os nosos compas saiban un chisquiño de nós e das cousas que máis nos gustan.

Agardamos que este vídeo e fotos os gusten tanto como a nós. Xa pronto será o voso turno de poñervos detrás da cámara. O intercambio comeza a mediados de outubro, logo agardamos que a primeira mascota chegue a Galén a comezos de novembro. Can’t wait…and you?

See you soon 🙂

Ola familias,

coma xa levamos facendo uns anos en segundo de Primaria, damos comezo ao noso intercambio de mascotas. Este ano, intercambiaremos a Pulpi, un polbiño moi salado, con escolas de Grecia, Polonia, Turquía, Georgia e a República Checa. Estamos desexando coñecelos a todos e todas!

Xa escollimos a nosa mascota e preparamos o seu pasaporte. Agora pasará uns días con nós no cole e, a mediados de outubro, faremos o primeiro intercambio. Pulpi irá visitar aos nenos e nenas da República Checa pero… quen nos virá visitar a nós? Soooorpresa 🙂

Polo de agora, queremos compartir convosco esta foto para que coñezades a Pulpi e tamén contarvos o porqué deste proxecto.

Os obxectivos que queremos acadar co proxecto eTwinning “Mascots’ adventures across Europe” son os seguintes:

  • Empregar as novas tecnoloxías como medio de comunicación.
  • Promocionar habilidades escritas e orais na lingua estranxeira: inglés.
  • Fomentar as habilidades orais do noso alumnado a través da escoita a iguais participando e visualizando videos así como tamén durante sesións de video chamada.
  • Ser capaces de falar sobre nós mismos empregando a lingua inglesa, tanto a nivel oral coma escrito.
  • Coñecer diferentes ferramentas de edición de vídeo e fotografía.
  • Coñecer e respectar a nosa cultura e a cultura dos demáis.
  • Facer visible a necesidade de coñecer una lingua estranxeira nun contexto lingüístico real.
  • Gozar da aprendizaxe da lingua inglesa.

A que este proxecto pinta moi ben? How exciting!!

See you soon 🙂