Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Maneras de educar.

 

Unha produtora que traballa para Televisión Española (TVE) seleccionou ao Centro Educativo Galén como centro innovador para participar nun programa de televisión que se denomina  “MANERAS DE EDUCAR”.
Neste programa aparecerán dezaseis colexios innovadores en toda España e Galén será uns deles onde reflectirán  a nosa metodoloxía e os piares que nos identifican ( Trato personalizado, Metodoloxía activa, Galén multilingüe e Galén Verde).
O luns 6  e e 0 martes 7, esta produtora gravou ao longo de todo o día diferentes actividades cos alumnos e alumnas, fixo entrevistas a pais e nais, profesorado, alumnado  e á dirección do Centro.
É un programa conducido por James Van der Lust, mestre e bloguero, que quere achegarnos ás experiencias innovadoras da educación dentro das aulas.

Así nos viron na prensa: