Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Malahide 2018

Descarga aquí o dossier en galego

Descarga aquí o dossier en castelán

Folla de inscrición

Díptico 1  Díptico 2

 

 

Dende hai 17 anos Centro Educativo Galén ofrece a posibilidade de facer cursos de inglés no estranxeiro, tendo como principal destino Inglaterra.

Centro Educativo Galén organiza os cursos de verán en contacto directo con colexios de confianza cos que leva colaborando moitos anos.

Aprender un idioma no estranxeiro significa que os nenos e nenas estarán vivindo un idioma as 24 horas do día, mellorando a comprensión oral e a pronuncia. A mellor maneira de perfeccionar ou aprender un idioma é facelo mentres fan algo que lles guste.

O noso curso ofrece unha perfecta combinación de leccións, actividades, deportes, diversión e tempo libre. Queremos que os nenos e nenas poidan usar o idioma tanto fóra coma dentro da clase. Queremos reforzar a súa confianza para que sexan capaces de facerse entender e dominar situacións do mundo real noutro idioma.

 

Equipo Educativo

 

A supervisión do bo funcionamento do curso de verán corre a cargo  exclusivamente do profesorado de Centro Educativo Galén, preocupados en todo momento polo benestar de todos e cada un dos participantes e que estarán en todo momento en contacto directo cos participantes e a disposición das familias.

As clases serán impartidas por profesorado nativo, altamente cualificados e con experiencia neste tipo de actividades.

As actividades deportivas e de aire libre están dirixidas por monitores especialistas para cada unha de elas.

 

Malahide

 

Malahide é unha pequena localidade costeira a 60 kms. ao norte de Dublín. Ten unha poboación de 11.000 habitantes o que a converte nunha zona tranquila e segura.

 

Irish college of English

 

Irish college of English é un centro de estudos pequeno pero cunha ampla variedade de actividades nun ambiente moi internacional.

Os/as profesores/as están altamente cualificados/as e    teñen experiencia na ensinanza de idiomas con rapaces e   rapazas.

 

Programa de actividades

 

 

O programa de actividades está deseñado a medida do noso alumnado.

A diferenza doutros cursos Centro Educativo Galén oferta actividades para os 7 días da semana para a mañá, tarde e noite.

  • Pola mañá o programa de actividades inclúe clases de luns a venres, 4 sesións de 45 minutos, as clases impártenas profesorado nativo e o contido é principalmente de carácter oral e lúdico (traballos en grupo, xogos, debates…)
  • A tarde inclúe un variado e intenso programa de actividades culturais e deportivas (visitas, xogos, deportes, obradoiros, barbacoas,  actividades na praia…)
  • E a noite actividades todos os días que inclúen karaoke, cine, disco e xogos nocturnos.
  • Excursións de día enteiro para visitar e coñecer o máis emblemático de Dublín e os seus arredores.

 

 

Familias

A estancia será en familias previamente seleccionadas e que xa teñen experiencia acollendo a estudantes estranxeiros. Todas elas situadas preto do colexio.

En cada casa estará aloxado un só estudante de cada nacionalidade, aínda que baixo petición e acordo previo é posible que 2 persoas vaian á mesma familia.

Datas

 

24 xuño a 8 xullo.

 

O curso de verán son 2 semanas que inclúen a última semana de xuño e a primeira de xullo. As datas poden variar lixeiramente en función da dispoñibilidade de voos.

 

Prezo: 2.025€

 

O prezo inclúe:

 

  • Voo directo Santiago-Dublín-Santiago e traslados Santiago-Lugo
  • Transportes en destino.
  • Curso e material escolar.
  • Aloxamento e comidas.
  • Excursións e actividades.
  • Seguro de viaxe.


Existe unha data límite de inscrición: 30 abril 2018. É posible inscribirse máis tarde pero non garante a dispoñibilidade de prazas.