Ola familias,

este ano, ademais de facer o noso intercambio de postais con outros nenos e nenas do cole, imos tamén a facer un intercambio co Cairns Early Childhood Centre situado en Kilmarnock, Escocia. O Cairns Early Childhood Centre é un centro educativo de educación infantil no que nenos e nenas de ata seis anos van a elaborar un total de 78 postais de nadal para mandar ao noso alumnado de todo Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria.

Dende Galén, os obxectivos que pretendemos acadar con este intercambio de postais son os seguintes:

  • Usar a lingua inglesa como lingua vehicular para comunicarse con outros cidadás da Unión Europea.
  • Valorar o uso do inglés como o idioma máis importante no mundo á hora de comunicarse con outros países fóra de España.
  • Desenvolver habilidades escritas e orais na lingua estranxeira.
  • Escribir textos simples usando a lingua extranxeira cunha finalidade específica: felicitar as festas de Nadal.
  • Reflexionar sobre a nosa propia cultura e a de outros.
  • Desenvolver actitudes de respecto hacia a nosa propia cultura e a de outros.

Unha vez rematado o intercambio, ímonos a reunir con nenos e nenas do Cairns Early Childhood Centre nunha sesión de Skype para coñecernos un pouquichiño e valorar o intercambio de postais.

Merry Christmas 🙂