Comedor

Galén conta cun servizo de cociña e comedor propio, onde se elaboran diariamente menús variados, sans e equilibrados con produtos frescos de tempada.

O servizo de comedor é opcional e adáptase ás necesidades familiares e do alumnado podendo contratarse por meses, por unha, dúas, tres ou catro veces á semana ou por días soltos. Ademais dos menús mensuais preparamos dietas específicas puntuais cando así se soliciten e ofrecemos un almorzo a todo o alumnado a media mañá.

En caso de ampliación horaria e actividades extraescolares damos a opción de almorzo e unha pequena merenda.

O persoal que supervisa o comedor é sempre o profesorado das diferentes etapas para que sexa un espazo educativo máis, asegurando unha correcta alimentación nun clima de confianza.