|
|
||||
|
|
||||
|
||||
|
Galén Centro Educativo
Trevia Educación Ambiental
Escola de Música Cantarela
|
Centro Educativo Galén Multilingüe
A finalidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe das diferentes linguas estranxeiras que aquí desenvolvemos é acadar unha formación significativo en lingua inglesa do noso alumnado e sentar as bases para unha ampla formación en francés e iniciala no alemán.
Inglés. Educación Infantil O inglés impártese integrado no currículum global, non sendo obrigatorio aínda na actualidade nesta etapa. O profesorado é nativo. O inglés é, tamén, a lingua da área de psicomotricidade. 1º Ciclo de Educación Primaria A presenza do inglés como materia refórzase cunha hora máis en relación á xornada establecida pola lexislación. O profesorado é nativo. O inglés é, tamén, a lingua das áreas de Educación Física e Plástica; así mesmo é lingua vehicular nalgún dos talleres internivelares. 2º e 3º Ciclo de Educación Primaria A presenza do inglés nestes ciclos refórzase cunha hora máis sobre a establecida na lexislación, dedicada á lingua oral e impartida por profesorado nativo. Os grupos pequenos formados para impartir esta cuarta hora permiten un maior reforzo doutros aspectos diferentes aos da parte regrada da materia. O inglés é, tamén, como no ciclo anterior a lingua vehicular na que se imparte Educación Física e Plástica; así mesmo é a lingua usual nalgún dos talleres internivelares.
E.S.O. e BAC. Nesta etapa, o inglés refórzase cunha hora máis en relación á xornada establecida pola lexislación. Esta maior carga lectiva céntrase na potenciación da lingua oral e no enfoque comunicativo da lingua e o profesorado é nativo. Os grupos pequenos formados para impartir esta cuarta hora permiten un maior reforzo doutros aspectos diferentes aos da parte regrada da materia. En 1º e 2º ESO e na área de Matemáticas úsase o inglés como lingua de traballo nunha parte significativa do currículo coa finalidade de incorporar o vocabulario científico á súa formación específica. A maiores en 3º, 4º ESO e BAC impártese unha hora de reforzo semanal fóra do horario escolar para aqueles alumnos e alumnas que o puidesen precisar. Ademais do ensino regulado o Centro organiza unha serie de actividades que fomentan e teñen como obxectivo directo a aprendizaxe do inglés. Entre elas poderiamos destacar:
O intercambio con Polonia en 2º E.S.O. e o intercambio con Dinamarca en 1º BACH. son dúas viaxes de estudos que complementan o coñecemento e o uso do inglés en contextos significativos. O profesorado que imparte esta materia é bilingüe e/ou nativo altamente cualificado. O profesorado que imparte as diferentes materias curriculares en inglés atópase formado adecuadamente para o seu labor.
Actividades extraescolares O English Club é unha actividade extraescolar para nenos e nenas de entre 6 a 10 anos que ten como obxectivo o uso do inglés nunha batería de actividades e obradoiros, que complementen as aprendizaxes do día a día, prestando especial atención á expresión oral nun contexto lúdico e atraente. O Galén English School é unha actividade extraescolar dirixida a nenos e nenas de entre 10 a 18 anos que ten como finalidade profundar e potenciar a aprendizaxe do inglés como vehículo de comunicación. O campamento Galen English Summer Camp permite a aprendizaxe significativa do inglés en contextos de inmersión e está dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos. As estadías de verán en Dublín e Broadstairs que veñen desenvolvéndose con alto éxito e eficacia dende hai varios anos, son outras das actividades que axudan a potenciar o coñecemento do inglés. O Centro fomenta o recoñecemento destas aprendizaxes a través do marco común de referencia europeo establecido polo Consello de Europa no 2001 que establece as directrices para a aprendizaxe e a ensinanza de linguas dentro do contexto europeo. Deste xeito defínense niveis de dominio da lingua que permiten comprobar o progreso do alumnado en cada fase de aprendizaxe e durante a súa vida. Os recoñecidos exames de Cambridge que establecen cinco niveis correspóndense conforme á seguinte táboa:
Estas probas han ser o medio para acadar un recoñecemento complementario ao esforzo realizado polas familias e o centro e , especialmente, polo alumnado durante estes anos. Francés Educación Primaria A lingua francesa está presente como materia común para todo o alumnado no 2º e 3º ciclo desta etapa, non sendo obrigatoria na lexislación vixente. Educación secundaria O francés é materia común e obrigatoria nos catro niveis da etapa. Sendo optativa segundo a lexislación actual en 3º e 4º E.S.O. A etapa remata cun intercambio en 4º E.S.O. cun instituto de París. Bacharelato O francés pode ser cursada polo noso alumnado como materia optativa. O profesorado é nativo. Alemán Pode ser cursada como optativa en 4º E.S.O. e 1º Bacharelato. O profesorado é nativo.
|
|
|
© 2007-2013 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
|
![]() |