Poñemos o cole en danza


O acto final da celebración do X aniversario de Galén Centro Educativo é o e


O corazón e a botella..


Trátase dun espectáculo de danza, música, imaxe, poesía, ......


O fío conductor é o conto The heart & the bottle, de Oliver Jeffers, recoñecido autor británico de literatura infantil.


O guión e a música orixinal son obra de Manolo Panforreteiro, músico e actor lugués con proxección internacional

As músicas, compostas integramente por Manolo Panforreteiro para este espectáculo, parten das nosas raíces máis íntimas e mestúranse con outros sons diversos; clásicos e contemporáneos, próximos e menos próximos xeográfica e culturalmente.

Este espectáculo propón un tratamento innovador da música e a literatura fomentando de xeito global a educación pola arte.

Contamos coa colaboración especial de Guadi Galego, coñecida artista galega, Armando Martén e Betty Pérez, bailaríns e coreógrafos da compañía de danza contemporánea “Entremás”, Laura Míguez, actriz, malabarista e educadora social, Carlos Coira, actor e mago, Isabel Sánchez, actriz, Antonio Vázquez, percusionista, así como a participación doutros artistas lugueses e de todo o mundo, que completan a formación do noso alumnado en materias como a danza, a expresión corporal, a maxia, a dicción, etc.

Trátase dun proxecto dunha gran transcendencia didáctica e pedagóxica. Traballamos con nenos e nenas dende 1º de Educación Infantil ata 1º de Bacharelato, dende 3 ata 17 anos. Os grupos comparten un compromiso e un obxectivo común que é representar ante o gran público os valores e as ideas que o conto presenta.


É un agasallo para toda comunidade pero sobre todo é un agasallo para o noso alumnado.

 



 


© 2007-2010 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
Rúa Xián 8 (27003-Lugo) - Tfno: 982 265 205 Fax: 982 265 206
Optimizado para Google Chrome - Mozilla Firefox 3 - Safari 3 - Opera 9 - Konqueror 4 (Resolución mínima: 1024x768)

Logotipo de SCA