|
|
||||
|
|
||||
|
||||
|
Galén Centro Educativo
Trevia Educación Ambiental
Escola de Música Cantarela
|
Cumprimos 10 anos!!!!!Dez anos dun proxecto que hoxe é unha realidade. A nosa aposta pola educación independente, privada, integral,laica e de calidade centrada no alumnado, avala os nosos éxitos e resultados.Este pequeno acontecemento debía estar presente en todo o ano académico, tiña que ser o fío das nosas actividades, das que o alumnado debe ser o protagonista e nosoutros e nosoutras, toda a comunidade educativa, os compañeiros e compañeiras de camiño que lles axudemos e colaboremos con eles e elas.Os dez anos son para nós unha renovación da ilusión e do compromiso na aposta pola calidade educativa, por este motivo decidimos dende o primeiro momento compartir co alumnado todos os nosos actos.O alumnado de 1º de ESO regalounos a imaxe que recolle o que foi Galén para eles e elas nestes anos en forma de logo do X aniversario, o que dá acceso a esta entrada. Estas rapazas e rapaces foron os que abriron o Centro en 1º de Educación Infantil e seguen a medrar con el.Xuntámonos co antigo alumnado nunha velada moi emotiva e moi emocionante para todos e todas. As fotos recollidas na galería dan boa fe dos momentos inolvidables que xuntos vivimos e que, tamén, lembramos.O día 24 de abril celebramos a Xornada de Portas Abertas. O colexio estivo aberto, como sempre dende hai dez anos, a todos e todas aqueles que se achegaron ata aquí e gozamos dun día familiar divertido con deportes, animación, teatro, exposicións, lembranzas…Cremos que o acto final debe ser o froito dun traballo en equipo que represente o espírito do que é e debe ser o noso proxecto educativo, onde A Aula de Natureza Trevia e a Escola de Música Cantarela aúnen os seus esforzos para crear algo irrepetible que represente a toda a comunidade educativa de Galén pero especialmente aos nosos alumnos e alumnas que serán os protagonistas.As actividades desenvolvidas pola Aula de Natureza Trevia, Cando ollamos co corazón foron a confección do patchwork do que xa vos contaron os vosos fillos e fillas, e que puidestes ver na Aula de Natureza, a exposición Un modelo enerxético insostible, xa presentada, o certame literario con inspiración en Novoneyra, a exposición A pegada ecolóxica, os obradoiros para familias e as conferencias-coloquios para o alumnado completan o que ha ser o acto final:“O corazón e a botella” The heart & the bottle,de Oliver Jeffers.Este espectáculo é unha proposta musical e escénica que mestura con sensibilidade a literatura, o teatro, a música e a fantasía co compromiso co medioambiente e coa sostibilidade.Está concebido como un ballet, que aglutina moitas máis ferramentas artísticas, en 22 escenas con guión, coreografía e música orixinais compostas para o mesmo polo músico, de orixe lugués asentado en Londres, Manolo Panforreteiro.A montaxe do espectáculo será no Auditorio Gustavo Freire o día 18 de xuño e participa todo o alumnado dende 1º de Educación Infantil ata 1º de Bacharelato, dende 3 ata 17 anos.Vai ser un acto de grande importancia cultural, artística e de compromiso coa sostenibilidade que facemos para toda a comunidade pero sobre todo é un agasallo para o noso alumnado.É, tamén, un espectáculo aberto a toda a cidade de Lugo, a todos e todas aquelas que queiran presenciar un espectáculo único e irrepetible. Máis de trescentos cincuento nenos e nenas no escenario, dez artistas moi diferentes na elaboración da música, coreografía… fan que agardemos sexa un dos acontecementos culturais do ano.
|
|
|
© 2007-2013 Centro Educativo Galén - info@centrogalen.com
|
![]() |