Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Illas Canarias e Volcáns

Hi there:
Comezamos o proxecto das Illas Canarias aló polo mes de Decembro coa idea de cantar unha panxoliña típica canaria contando coa colaboración da familia de Ariday. E así foi, Mónica e Iriome nos trouxeron unha panxoliña que aprendimos coa axuda das nosas familias e coa que comezamos a coñecer as illas e a investigar sobre elas.
Para axudarnos nesta investigación Mónica preparou unha presentación na que nos amosou todas as illas e o seu pobo. Ademais outro día veu acompañada polos avós e nos enseñaron a cociñar Gofio que logo preparamos o día da actuación para que todos puiderades probar….. it was delicious!!
Aportamos moita información e tiñamos moito interés por aprender e descubrir todo sobre as illas e a nosa sorpresa máis grande foi descubrir os volcáns que alí había. A partir do Teide e do Timanfaya comezamos a traer información sobre os volcáns. Fixemos un mural coas sete illas, acompañadas do seu nome escrito por nós, empregando diferentes técnicas; e situamos o archipélago nun mapa do mundo.
Descubrimos different volcano types, their parts, how they erupt,…… incluso coñecemos os volcáns máis coñecidos do mundo e donde se atopan. Tan interesados e motivados estabamos co tema que decidimos facer o noso experimento para simular a erupción dentro da nosa aula para despois expoñelo todo na semana da ciencia e poder compartilo con vós.
Ademais da nosa investigación, nas casas e na aula tivemos algunas sorpresas.
Por un lado os nenos e nenas de 5º de EP viñeron a compartir con nós o proxecto de volcáns que levaran a cabo o ano anterior e nos amosaron varios vídeos onde o explicaban. It was a lovely morning . Gustounos moito poder compartir con eles esta experiencia.
Por outra banda, Ángela, a profe de química levounos ao seu laboratorio no que fixo maxia. Amosounos unha fumarola como a dos volcáns con xeo seco e sorprendeunos con cambios de cores… pure magic!
Para rematar o noso proxecto tamén fixemos e preparamos o noso disfraz de volcán para o día da festa. .

We had so much fun and learnt many things.

Agora toca comezar novo proxecto. Será, sera..

See you soon. Bicos mil!!

E por fin a sorpresiña que vos temos preparada! Agardamos que gocedes tanto vendo coma nós gozamos aprendendo!!!