Durante os días 22 e 23 deste mes de marzo, estivemos celebrando a “Festa das matemáticas”, sendo este ano a primeira edición de dita actividade. Os alumnos e alumnas de secundaria e 1º de Bacharelato participaron nunha actividade de “Escape Room”, consistente en lograr saír dunha aula na que se atopaban pechados conseguindo a chave mediante a resolución de diversos enigmas, problemas de lóxica e problemas alxebraicos.
Os alumnos de primaria levaron a cabo una actividade de “busca do tesouro”, na que, na mesma liña que o anterior, conseguiron o seu premio descifrando diversos enigmas e adiviñas matemáticas.
Esta actividade de busca do tesouro tamén foi levada a cabo polos noso alumnado de infantil, que se converteron en piratas durante un día e buscaron (e atoparon) o seu tesouro.

Nursery School

 

Primaria

Secundaria e BAC