Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Facendo de cesteiros

Hai unhas  semanas estivo na aula de 1ºde EP o avó e a nai do noso compañeiro Mateo. Roberto explicounos como se facía unha cesta e… aínda que parece moi doado, tiña a súa complicación.
Xa nos traía preparado unha lámina de madeira redonda cuns furadiños para introducir unhas guías. Despois iamos trenzando con bimbio ate conseguir a altura axeitada.
visita familia Mateo
visita familia Mateo 2
visita familia Mateo 3

Gustounos moito comprobar que eramos quen de facer aquela “obra” coas nosas mans. Moitas grazas a Roberto e Marta por achegarnos a un oficio tan importante na nosa cultura poñendo así o seu gran de area para que non desapareza.