Infantil Galén Nursery School

/Etiqueta:Infantil Galén Nursery School

Participación das Familias na aula

3 Decembro, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

A finais de outono tivemos outra colaboración especial da familia de Sabela L. E non foi na aula, senón que fomos a visitar aos avós de Sabela á súa casa na aldea. Alí pretiño puidemos ver un muíño de auga de hai centos de anos onde se moía o grao grazas á forza do regato [...]

Participación das Familias na aula

23 Novembro, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

Hai  unhas semanas pasou unha tarde con nós a mamá de Alonso. Como somos a clase das  Arañas veu a contarnos moitas cousas sobre estes bichiños, que non son insectos!!. Contamos as patas que tiñan, os ollos; vimos para que utilizaban a tea de araña e tamén os berces que facían para os seus bebés. [...]

Participación das Familias na aula

22 Novembro, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

A implicación das familias na vida escolar é fundamental de cara a conseguir unha boa integración das nenas e nenos nas aulas para isto é necesario que todos, nenos e nenas e grandes, consideren o cole un lugar seguro, amable e aberto. Así, as nosas aulas están sempre abertas e con gana de recibir á [...]

25 novembro, Día internacional para a eliminación da violencia de Xénero

12 Novembro, 2018|Excelencia e Valores, Noticias|

Durante todo o mes de novembro estivemos  a desenvolver unha campaña  ao redor deste día, un dos temas máis preocupantes na nosa sociedade. Dende comezos de mes publicamos no facebook diferentes curtas, visionadas e traballadas tamén nas aulas, os corredores enchéronse de carteis aludindo ao tema, coa fin de espertar na comunidade educativa o debate [...]

Xadrez educativo na Educación Primaria

25 Setembro, 2018|Excelencia e Valores, Noticias|

O xadrez como deporte é unha ferramenta educacional que se pode utilizar en todo o proceso educativo e sobre todo nos primeiros anos de educación primaria. É por iso que dende fai xa cinco  anos estamos a impartir esta modalidade deportiva dentro  da aula. Hoxe en día impartimos xadrez educativo dentro do curriculum escolar, unha [...]

Saída á Finca de Mateo

4 Xullo, 2018|Actividades e Saídas, Noticias|

Ola a todos e todas! A derradeira semana de cole estivo chega de sorpresas e de moitas actividades entretidas e xeniais: Carreira da Auga, Ximcana, castelo hinchable, xogos... pero houbo unha saída moi especial que nos serviu de despedida, para pechar ao grande este curso 2017-2018 e foi a visita á finca de Mateo. Chegamos [...]