Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Estadía de outono 1º EP

Os nenos e nenas de 1º EP están celebrando a súa Estadía de Outono.

Luns, martes e mércores achegáranse á natureza con respecto , responsabilidade e aportando o seu gran de area para o seu coidado e conservación.

As actividades propostas están pensadas para acadar uns obxectivos no eido do estudo do medio natural: observar e recoñecer as características do outono mediante o estudo do bosque, así como no eido social: ampliar a relación entre nenos e nenas e tamén cos adultos, e  aumentar a autonomía persoal e a confianza  nun mesmo e no grupo.

Así, as actividades que desenvolvemos ao longo destes días son:

  • observación do bosque mediante a busca de pegadas de animais
  • quen vive neste bosque?
  • xincana na carballeira
  • obradoiros: cociña de outono e a cor
  • visita Avifauna e xantar e xogos en Penas de Rodas
  • sesión de cine
  • velada nocturna con fogueira e música

 

Rematamos a Estadía de Outono con bo sabor de boca e cargados de experiencias e momentos para lembrar moito tempo.

Aprendemos moitas cousas sobre as aves coa visita á Avifauna, e tamén puxemos as gafas de exploradores para observar insectos e arañas que atopamos no bosque.

Gozamos moito na xincana e xogando en Penas de Rodas, e por suposto bailamos e pedimos un desexo na festa do lume. E… descubrimos que no faiado do cole hai un trasno, ou tres.., que veñen pola clase a facer das súas.

 

E para que vexades de que vos estamos a falar , deixámosvos estas imaxes.

 

Seguinte