Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Estadía 5º EP 2017

Foron moitas as actividades que realizamos durante a Estadía de Outono 5º de EP en Trevia. Como en cada ocasión, cada día foi un sorpresa para cada un de nós.
Non nos podíamos imaxinar o que pasa cada mércores en Castro na Feira de Gando, nin tampouco a cantidade de gando que alí se move. Ademais ese día puidemos ir mercar produtos tradicionais e de calidade feitos pola xente da zona. Foi divertidísimo!
Pero ademais participamos na elaboración da sidra, desde o principio ata o fin. Riquísimo estaba o zume de mazá…
O estudo da paisaxe permitiunos identificar aqueles elementos que contaminan visualmente e o motivo polo que o fan. Ademais podemos deseñar una cidade sostible, na que a todos e a todas nos gustaría vivir.
Polas tardes aprendemos a facer instrumentos tradicionais , cometas,… E pola noite, festa.
Foron tres días pero que se nos pasaron nun abrir e pechas de ollos.

WhatsApp Image 2017-09-29 at 14.54.18