Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Estadía 5º EP

Comezamos a nosa estadía de outono indo á feira de gando e de excedentes de
Castro. E rematamos a saída comendo o tradicional menú de polbo á feira con
cachelos. O segundo día elaboramos a sidra no noso centro e conseguimos un
zume espectacular. O último día saímos pola nosa contorna e fixemos
diversas actividades sobre o que nos rodea. Conseguimos facer todas estas
actividades ademais de gozar e aprender en compañía dos nosos compañeiros,
compañeiras e profesorado. Pasámolo xenial!

WhatsApp Image 2019-10-02 at 13.30.38 (3)